Somos a Asociación Hostelaría Compostela. O noso labor é o de aglutinar aos profesionais da hostalería de Santiago de Compostela e comarca. Somos unha das zonas de Galicia máis dinámicas a nivel turístico e ese impulso reflíctese nos establecementos da nosa comarca. Hoteis, bares, cafeterías e restaurantes ofrecen unha cálida acollida aos visitantes e residentes, un servizo coidado con agarimo, as últimas innovacións en creatividade gastronómica e unha ampla oferta para todos os gustos, recoñecida a nivel nacional e internacional.
Desde a Asociación Hostelaría Compostela buscamos promocionar a hostelaría da nosa comarca, así como facilitar o traballo do sector, informar de todas as novidades que lles afectan, defender os seus intereses e promover a formación continua. Para esta última función, dispomos de modernas instalacións e profesorado de recoñecida traxectoria.
Na actualidade somos máis de 600 socios en toda a comarca de Compostela pero, como asociación aberta a todos, o noso obxectivo é incorporar a novos compañeiros para crear unha comunidade forte que beneficie ao conxunto do ámbito hosteleiro, clave para a economía local e de Galicia.
Asociación de empresarios de Hostelería de Santiago
Rúa das Salvadas, 29 ı 15705 Santiago de Compostela
Contacto
Listamos aquí todos os xeitos de contactar.
Administración
- 981 592700 | 981 592704
- asociacionempresarios@santiagohosteleria.org
Outras formas de contactar
- Para avisar de erros e malos funcionamentos.
- Para enviar colaboracións ou preguntar sobre o publicado: comunicacion@santiagohosteleria.org