O noso labor é o de aglutinar aos profesionais da hostalaría de Santiago de Compostela e comarca. Somos unha das zonas de Galicia máis dinámicas a nivel turístico e ese impulso reflíctese nos establecementos da nosa comarca. Hoteis, bares, cafeterías e restaurantes ofrecen unha cálida acollida aos visitantes e residentes, un servizo coidado con agarimo, as últimas innovacións en creatividade gastronómica e unha ampla oferta para todos os gustos, recoñecida a nivel nacional e internacional.
Desde a Asociación Hostalaría Compostela buscamos promocionar a hostalaría da nosa comarca, así como facilitar o traballo do sector, informar de todas as novidades que lles afectan, defender os seus intereses e promover a formación continua. Para esta última función, dispomos de modernas instalacións e profesorado de recoñecida traxectoria.