O Centro de Formación e Cultura da Asociación Hostalaría Compostela conta cunhas instalacións amplas e modernas que acollen recepción, un taller de cociña completamente equipada, unha aula de cociña/demostración, unha aula de cafetería/restaurante, unha aula de xestión-multimedia, vestiarios, arquivo e despachos administrativos.
Aula de Cociña “Álvaro Cunqueiro” + Almacén
Superficie: 80,11 m2
Aforo: 32 persoas sentadas.
Mobiliario: 8 mesas en escaleira con capacidade para 32 persoas sentadas, ademais dos elementos auxiliares.
Maquinaria: 1 Cociña (con 6 queimadores), 1 Prancha, 1 Gratinadora, 2 Frixideiras, 1 Forno, 1 Forno microondas, 1 Mesa de pastelería coas tolvas incorporadas para fariñas e azucre, 1 Batedor amasador, 1 Tallo para cortar carne, 1 Máquina para facer baleiro, Seo de vertedoiro de aceiro inoxidable, Balanza eléctrica de 10 kg., etc.
Almacén: Está equipado con andeis, zona de lavado, cámaras frigoríficas e conxeladores.
Taller de RESTAURANTE-CAFETERÍA + Office
Superficie: 96,131 m2
Aforo: 24 persoas sentadas.
Mobiliario: Equipada con mobiliario para uso do docente e para 24 alumnos, ademais dos elementos auxiliares. Mesas de comedor, cadeiras, taboleiros, medias lúas e cuartos de lúa, aparador, mesas auxiliares, carros, vitrinas expositoras… Pódese utilizar indistintamente para teoría e para práctica.
Maquinaria: Prancha, cafeteira, quenta pratos, neveiras, espremedores, equipos de lavado, picadora de xeo, muiños, chambrer, racheaud,…
Aula de Xestión
Superficie: 60,13 m2
Aforo: 25-30 persoas sentadas.
Mobiliario: Mobiliario para uso do docente e para 15-25 alumnos, ademais dos elementos auxiliares (Equipos audiovisuais, Canón de proxección, Internet, Lousas, Rotafolios,…)
Taller de COCIÑA + ALMACÉN
Superficie: 135,47 m2 - 15 cociñas individuais.
Aforo: 15 persoas.
Superficie almacén: 20,23 m2
Mobiliario: Equipada con mobiliario para uso do docente e para os alumnos, ademais dos elementos auxiliares.
Maquinaria: 15 Cociñas individuais semiindustriais de aprox. 400 x 600 mm, con dous queimadores, 1 Cociña para o profesor (con 4 queimadores e forno), 1 Fry top ou Prancha, 1 Baño- maría, 1 Gratinadora, 3 Frixideiras, 1 Forno combinado con capacidade de 6 bandexas “gastronorm”, 1 Forno microondas, 1 Xogo de brazos combinados (batedor/triturador), 1 Mesa de pastelería coas tolvas incorporadas para fariñas e azucre, 1 Mesa para as demostracións do profesor, 3 Batedores amasadores (de 4 a 4.5 litros de capacidade), 1 Espremedor de cítricos, 1 Cortadora de friames, 1 Máquina de picar carne, 1 Tallo para cortar carne, 1 Abatedor de temperatura, 1 Mesa quente, 1 Máquina para facer baleiro, Frigoríficos e/ou cámaras frigoríficas para conservar os alimentos (carnes, peixes, hortalizas, produtos de pastelería, …) sen mesturalos, Mesas de traballo (convencionais e/ou frías), Seo de vertedoiro de aceiro inoxidable de aprox. 400 x 400 mm e 300 mm de profundidade, mesado de aceiro inoxidable, vertedoiros distribuídos nas áreas de limpeza, preparaciíon, pastelería e demais lugares onde sexa necesario, esterilizador de coitelos, Balanzas eléctricas de 10 kg. (coci a e reposter a),…
PONTE EN CONTACTO...
Para organizar unha consulta ou taller, envíenos unha mensaxe.