O sector da restauración e a hospedaxe é dos grandes damnificados polos efectos da COVID-19, tendo un especial importancia por representar unha parte moi importante do noso PIB.
A hostalaría séntese criminalizada, tendo que soportar unhas restricións que son desproporcionadas, xa que se nos aplican medidas similares a de outros territorios do Estado onde o dato de Incidencia Acumulada (IA) do virus triplica ou cuadriplica á galega.
Os nosos negocios cumpren escrupulosamente as normas de seguridade que ditan as autoridades sanitarias, e así o demostra a práctica nulidade de sancións que existen no sector.
Somos firmes defensores de que a saúde e a vida teñen a máxima prioridade. A economía é tamén condición necesaria para garantir a vida. Por iso, solicitamos un inminente Plan de Rescate por parte da Xunta de Galicia e do Goberno de España, que inclúa as seguintes medidas.
Alén disto, o sector en cada localidade fará as oportunas demandas ás administracións municipais.
PROPOSTAS DE MEDIDAS A TOMAR
- Cotas da Seguridade Social
- Posibilidade de exoneración da parte da cotización empresarial do 85% ou 75% (en función de 50 ou máis de 50 traballadores) tanto para traballadores en activo como os suspendidos, ao igual que os epígrafes considerados directamente afectados pola actividade turística.
- Exoneración da cota de autónomo en calquera das modalidades, limitación ou impedimento.
- Modificación do sistema de pago de cotas impagas para empresas e autónomos
Ante as dificultades para facer fronte ao pago das cotización sociais propomos o seguinte sistema de recargo
- 0% para aqueles periodos nos que por causa de impedimentos ou limitacións non se puido abrir
- 3% primeiro mes
- 5% segundo mes
- 7% terceiro mes
- 10% a partir do cuarto mes
- Anulación do compromiso da empresa de mantemento de emprego durante o prazo de seis meses desde a data de iniciación da actividade ante as medidas extraordinarias laborais recollidas na normativa
- Autónomos
Axudas directas para autónomos e traballadores do réxime xeral asimilado para complementar cando menos o 70% da base de cotización actual cun mínimo de 1.200 euros mensuais.
- Aprazamento e supresión e modificación de taxas e impostos da facenda estatal
- Aprazamento de 12 meses dos IRPFs e IVA do4º trimestre do 2020
- Ampliación extraordinaria de pagos fraccionados do Imposto de Sociedades ao mes de decembro, tal e como prevé o art. 40.3 da Lei de Impostos de Sociedades, que tería en conta o rendemento producido de Xaneiro a Decembro do presente exercicio.
- Medidas a respecto do abastecemento de enerxía
- Paralización de taxas e impostos en todos os abastecementos de enerxía.
- Baixada da potencia contratada de electricidade sen custe e con condicións reguladas polo Estado
- Garantir a ausencia de cortes de subministro motivados por impago.
- Supresión obrigatoria no cobro de contratos de servizos que non se presten efectivamente durante a paralización da actividade (SGAE, plataformas TV, Prevención de riscos laborais….)
- Compensación de taxas e impostos ata decembro de 2020 e anulación dos mesmos para 2021
- Canon de saneamento da Xunta de Galicia
- Imposto de actividades económicas
- IBI
- Tipo de IVA reducido ao 4% para as actividades de Hostalaría e Turismo
- Axudas directas por valor de 30.000.000 € que compensen como mínimo o 50% das perdas ocasionadas polo peche.
O reparto das axudas débense modular tanto en función do tamaño do establecemento (cifra de negocio e nivel de emprego) como das dificultades soportadas como consecuencia da crise (período de peche, restricións, peches obrigatorios). Para o ocio nocturno deberíase incrementar un mínimo dun 25%.
Débense ter en conta os seguintes gastos correntes desde marzo de 2020
- Suministros básicos ( electricidade, auga e lixo)
- Eliminación do canon autonómico de saneamento para 2021.
- Alugueiros
- Lexislación de alugueiros.
- Decretar a redución dos alugueiros ao 50%, seguindo a liña marcada polo Real Decreto 34/2020 de 20 de outubro da Generalitat de Catalunya
- Moratoria de financiación
- Liñas ICO COVID
- Resto de financiación que soporte a empresa con carácter previo ao inicio da pandemia
Aumento do prazo de carencia e evolución dos principais de forma automática, mentras dures calquera tipo de medida restritiva relacionada coa pandemia e ampliación da carencia a un prazo de seis meses posteriores ao restablecemento da actividade, de forma que haxa un período mínimo para alcanzar un nivel de actividade que permita a devolución da financiación.
- ERTES
Ampliación indefinida dos ERTES ata que a situación se normalice.
Santiago de Compostela, a 5 de novembro de 2020
Asociación Hostalaría Compostela
Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña
Asociación de Hosteleros Empresarios de Pontevedra (HOEMPO)
Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL)
Federación Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo en Ourense
Asociación de Empresarios deHostalaríaFerrol e comarcas
DESCARGA AQUÍ O PLAN EN PDF: PLAN DE RESCATE HOSTALARIA
6 comments to “Plan de rescate da hostalaría galega”