OBXECTIVO: Introducir e sensibilizar aos asociados no coñecemento dos principais problemas ambientais, tanto a nivel xeral, como no ámbito laboral e a súa aplicación á especialidade profesional a través do desenvolvemento de boas prácticas ambientais.
Desde esta Asociación, en colaboración coa Xunta de Galicia, elaborouse un programa de “Sensibilización Ambiental”, que inclúe por unha banda xornadas de sensibilización, e doutra banda repartición, aos establecementos participantes, de bolsas e tuppers de cartón reciclado, para que poidan repartir aos seus clientes cando lles pidan levar a comida que lles sobra.
Ademais, os locais terán cartelería do Programa, onde se explica que teñen ese servizo á súa disposición. Doutra banda regalarase tamén a todos os participantes un pack de iluminación led para os seus locais.
Lugar de celebración: ASOCIACION HOSTELERIA COMPOSTELA Rúa Salvadas, 29-31-baixo SANTIAGO
Realizaranse 6 xornadas de hora e media de duración (aproximadamente).
DÍAS: Martes e mércores (28 e 29 de Novembro de 2017)
HORARIOS: de 10:00 a 11:30 (pola mañá) De 16:00 a 17:30 e de 17:30 a 19:00 (pola tarde)
As xornadas son totalmente gratuítas, sendo necesario inscribirse con antelación (último día 27/11/2017).
Teléfono: 981592700
Correo electrónico: asociacionempresarios@santiagohosteleria.org