As novas tecnoloxías están a transformar os sectores máis tradicionais, e a hostalaría e a restauración non son unha excepción. Hoxe en día é unha obriga coñecer a contorna dixital se queremos dar resposta ás novas esixencias e necesidades dos clientes. Coñecer e dominar as ferramentas que ofrece a dixitalización é vital, non só para atraer novos clientes, senón para fidelizar os xa existentes.

Sobre todos estes asuntos tratará a xornada sectorial Re-acciona ‘Hostelería e contorna dixital: novos retos, novas oportunidades’, que organiza o Igape o 20 de febreiro nas nosas instalacións da Rúa das Salvadas nº29 e que está dirixida a persoal directivo e responsables de departamentos en empresas de calquera sector.

PROGRAMA XORNADA SECTORIAL RE-ACCIONA

// 10.00 h Inauguración institucional

José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP

// 10.10 h Relatorio marco

Ramón Braña. Director Xeral. OCA Hotels

// 10.40 h Caso de éxito Re-acciona

A experiencia Re-acciona. Sabela Ruiz. CEO. Galiwonders.

// 11.00 h O programa Re-acciona: servizos para a mellora da

competitividade das pemes en Galicia

José Manuel Fernández. Xerente. Igape IP

// 11.20 h Rolda de preguntas

// 11.40 h Networking

 

Queres mellorar a competivividade da túa peme? Inscríbete antes do 20 de febreiro!

Correo:: comunicacion.reacciona@igape.es

Teléfono : 986 419 922 (ext.2004)