A Asociación Hostalaría Compostela continúa colaborando con Repsol para ofrecer a todos os seus locais asociados unha oferta personalizada a través das diferentes solucións enerxéticas que ofrece a compañía multienerxética.
Algunhas das vantaxes do acordo son:
- Depósito sen custo. Elimínase a cota de servizo de alugueiro do depósito aos asociados.
- Módulo de mantemento básico de forma gratuíta. Repsol asume o mantemento básico que obriga a normativa de aplicación na súa instalación.
- Un prezo na subministración de gas moi competitivo, como é o Prezo Fórmula Repsol Gas en conxunto con bonificacións acordadas para os socios. Este sistema de cálculo garante unha total transparencia nos prezos para todos os locais asociados.
- Axuda na instalación, mediante achegas económicas para poder levar a cabo a obra necesaria, e mediante ferramentas de financiamento.
O GLP representa unha solución enerxética real porque reduce as emisións, mellora a eficiencia e responde a todas as necesidades do mercado. O Gas Licuado é unha enerxía limpa, eficiente, versátil, económica, de fácil transporte, dispoñible en calquera lugar e que se adapta ás necesidades dos clientes, sobre todo naquelas zonas nas que, pola súa situación ou limitacións de acceso a outras solucións, se presenta como a fonte de enerxía máis eficiente do mercado. Ademais, Repsol conta cun departamento específico de hostalería dirixido a todo tipo de establecementos profesionais. A compañía multienerxética é líder no mercado de GLP da Península Ibérica e Baleares.
Para máis información, podedes contactar co voso xestor comercial de Repsol, consultar a páxina web, chamar ao teléfono gratuíto de información 900 321 900 ou escribir un correo electrónico a horecaglp@repsol.com