A hostalaría galega está chamada a participar mañá, martes 17 de novembro, nunha manifestación en Santiago para pedir a posta en marcha xa do Plan de Rescate ao sector.
A mobilización, que partirá ás 11:00 horas do Palacio de Congresos, está convocada polas asociacións Hostalaría Compostela, Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de A Coruña, Asociación de Hosteleros Empresarios de Pontevedra (HOEMPO), Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL), Federación de Empresarios de Hostelería y Turismo de Ourense y Asociación de Empresarios de Hostelería Ferrol e comarcas.
A marcha percorrerá a pé o último tramo do Camiño Francés, pasando polas rúas: Miguel Ferro Caaveiro, Avenida de San Lázaro, Rúa do Valiño, Rúa das Fontiñas, Avenida Rodríguez de Viguri, Rúa dos Concheiros, Rúa de San Pedro, Porta do Camiño, Casas Reais, Praza de Cervantes, Rúa da Azabachería, Praza da Inmaculada e Praza do Obradoiro, onde se lerá un manifesto.
O itinerario para vehículos será o seguinte: rúa de Miguel Ferro Caaveiro, Avenida de San Lázaro, Rúa do Valiño, Rúa das Fontiñas, Rúa Fonte dos Concheiros, Avenida de Lugo, Rúa do Hórreo, Praza de Galicia, Rúa da Senra, Campo de Estrela, Rúa do Pombal, Rúa de Galeras, Rúa do Curraliño, Rúa de Salvadas, Vista Alegre e Avenida de Castelao.