Xa queda menos para unha nova edición de FAIRWAY, V FÓRUM DO CAMIÑO DE SANTIAGO, o único evento monográfico e punto de encontro profesional sobre o Camiño de Santiago, que reunirá durante 3 días todo o tecido humano, empresarial e de destinos por onde pasa o Camiño a través da súa Feira, Congreso e Workshop.
· Sede: Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia – Santiago de Compostela
· Datas: 1-2-3 novembro de 2023
· Horarios: Mércores 1: 10.00 – 20.00 horas
Xoves 2 e Venres 3: 10.00 – 19.00 horas
· Ámbito: internacional
Fairway conta con 4 grandes bloques:
A FEIRA
En Fairway reúnense por unha banda os destinos: concellos, deputacións, comunidades autónomas e destinos internacionais; e por outro as empresas que achegan servizos e/o produtos ao Camiño de Santiago, tales como hoteis, albergues, restaurantes…, así como empresas de alugueiro de bicicletas, traslados de persoas e mochilas, liteiras, roupa de cama, produtos de limpeza e un amplo abanico de oferta complementaria. Más de 70 casetas con + de 220 marcas representadas. O acceso é gratuíto.
O WORKSHOP
Trátase do encontro de networking no que participarán 40 Operadores de turismo internacionais de maís de 16 países. A data límite para a inscrición será o próximo venres, 20 de outubro, habendo que indicar inscrición bonificada para socios de HOSTELERÍA COMPOSTELA.
LIGAZÓN PARA INSCRICIÓN https://fairwaysantiago.tufabricadeventos.com/index.cfm?id_idioma=ES
O CONGRESO
É o punto de encontro de formación e información actualizada para o sector. Conta con dous partes.
Fairway Congreso – O punto de encontro e debate sobre temas de actualidade e tendencias, onde se tratarán cuestións que realmente preocupan ao sector como a taxa turística; convivencia de turistas, veciños e peregrinos; a situación das pragas nos establecementos, os camiños internacionais, etc.
LIGAZÓN PARA INSCRICIÓN (GRATUÍTA)
https://fairwaysantiago.com/congreso-2023/
Fairway Academy: Un programa de formación e reciclaxe para o sector turístico (equipos de dirección, recepción, comunicación, atención ao cliente…) e para os futuros profesionais do sector. Esta sección pon sobre a mesa os retos de xestión do futuro, as canles de comercialización, a evolución de compra dos consumidores ou as novas ferramentas de promoción. Trataranse temas como Intelixencia Artificial, posicionamento SEO, ou as novas fórmulas de promoción, venda e reservas
LIGAZÓN PARA INSCRICIÓN (GRATUÍTA)
https://fairwaysantiago.com/academy-2023/
A FEIRA DE EMPREGO
É unha contorna para facilitar o camiño ao emprego para ofertantes e demandantes, proporcionando espazos específicos para entrevistas, todo iso complementado con talleres formativos e mesas redondas con exemplos e experiencias inspiradoras.
LIGAZÓN PARA EMPRESAS OFERTANTES DE EMPREGO (GRATUÍTA)
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfyYd6RSqOICBfvreJEOhGnumJhxTqwbu3c3tLM1jjLGgjYgQ/viewform