O San Francisco Hotel Monumento xa está preparado para recibir o próximo luns, día 27 de marzo, aos visitantes do II Encontro do Viño Galego Revera Vinum, o encontro por excelencia do viño galego no que durante dous días poderase coñecer a gran variedade de adegas, DO e IXP que se estenden por Galicia, e que contará con máis de 500 referencias e un completo programa de actividades.
Promovido pola Asociación Hostelería Compostela e organizado por Escenoset, co patrocinio da Xunta de Galicia e o Concello de Santiago, o Revera Vinum se inaugurará o día 27 ás 11.00 horas, coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o conselleiro de Medio Rural, Xosé González Vázquez; a directora xeral de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, entre outros invitados, que participarán nunha visita guiada á feira.
Ademáis da zona expositiva das empresas distribuidoras e adegas, e do Túnel do Viño, onde terán especial presenza as adegas premiadas nas Catas de Galicia 2022, o Revera Vinum conta cun completo programa de actividades, con prezos que van dende os 25 aos 45 euros, destacando Castes galegas vs castes internacionais, con Luis Paadin (luns, 27; 10.00 horas); Cata de cartas de viños dos séculos XVIII – XIX, con Alejandro Paadin (luns, 12.30 horas); Marcas novas en zonas vella, con Martiño Santos (luns 27, 18.30 horas); Castes tintas en crianza, con Cecilia Fernández (martes 28, 10.00 horas); Armonías Gastronómicas Baka by Discarlux & Pazo de Rubianes. Embutidos curados e carne madurada de vaca, con Miguel Núñez e Adrián Lage (martes 28, 12.30 horas); Cata añada histórica 2015, con Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, José Luis Bouzón e Andrea Obenza (martes 28, 17.00 horas), e o Taller básico de interaccións entre viño e comida, con Jorge Vila e David Martín (martes 28, 19.00 horas).
Tamén haberá varias actividades gratuitas como a mesa de debate Valores dentro dunha copa, con Martiño Santos, Fernado Mora, Pepe Raventós, Antonio Portela, Francisco Rego, e Jorge Domínguez; a presentación do libro A nación dos mil viños, de Martiño Santos Canosa e Xosé Gontá Sobrino, e a ponencia Ponte da Boga, armonías gastronómicas, con Dominique Roujou de Boubée e Queco Arias, ás que se sumará a axenda de actividades deseñada pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), centrada en catas comentadas e degustacións de produtos entre as 11.00 e as 20.00 horas, orientadas a profesionais do sector, como comerciais, distribuidores e prescritores, e coa presenza das adegas premiadas na última edición das Catas de Galicia, que participarán expoñendo os seus viños.
Pola sua banda, a Asociación Galega de Sumilleres Gallaecia celebrará no marco do Revera Vinum o seu acto de 25 aniversario, con entrega de distincións e premios.
VENDA DE ENTRADAS. Así, quen desexe asistir á cita pode xa comprar a través da web (www.reveravinum.gal) as súas entradas ao prezo de 10 euros o día, e visitalo en horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas. Cada localidade dará acceso ás diferentes casetas de empresas distribuidoras e adegas, representando a todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas, e que formarán parte dá área expositiva do Revera Vinum.
Ademais, coa entrada tamén se poderá acceder a algunha actividade gratuíta e ao Túnel do Viño onde os visitantes poderán coñecer máis de 300 referencias mentras gozan e aprenden co asesoramento do persoal que o atende, durante 30 minutos. Tamén na mesma web tamén poderanse adquirir as entradas para as actividades de pago, cuxos prezos van dos 25 aos 45 euros.
Así mesmo, na web pode atoparse tamén o listado definitivo dos locais participantes en Galicia en Copas, un roteiro por 27 establecementos que se levará a cabo ata o 31 de marzo (inclusive) para reforzar a relación entre adegas, distribuidores, hostaleiros e clientes. Estes últimos dispoñerán dunha tarxeta na que ir selando a visita ao local no que consuma, entrando así no sorteo de diferentes agasallos, entre eles cinco estancias en casas de turismo rural do Cluster de Turismo de Galicia, seis experiencias Ponte da Boga, con visita, cata e degustación en adega, dez experiencias Regina Viarum con visita e cata en adega, e seis experiencias Martín Códax, así como varios lotes de viño facilitados polas D.O. galegas.
.