Hoxe martes, día 28, continuamos celebrando a II edición do Revera Vinum no San Francisco Hotel Monumento, con visita ós stands e Túnel do Viño, e un completo programa de actividades, entre as que destacan as ponencias

Castes tintas en crianza, con Cecilia Fernández (10.00 horas)

Armonías Gastronómicas Baka by Discarlux & Pazo de Rubianes. Embutidos curados e carne madurada de vaca, con Miguel Núñez e Adrián Lage (12.30 horas)

Ponte da Boga, armonías gastronómicas, con Dominique Roujou de Boubée e Queco Arias (13.00 h)

Cata añada histórica 2015, con Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, José Luis Bouzón e Andrea Obenza (17.00 horas)

Taller básico de interaccións entre viño e comida, con Jorge Vila e David Martín (19.00 horas)

A elas sumarase tamén un completo programa de catas comentadas organizado pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal).