Xa está todo listo para a XV edición de Santiago (é) Tapas, o concurso organizado por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostelería Compostela, que presenta máis de sesenta tapas para ser valoradas por xurado e público entre o 15 de febreiro e o 3 de marzo.
Haberá 5 (é)tapas distribuidas por toda a cidade, 3 rutas extra: unha para persoas celíacas, outra para vexetarianas e outra para os máis larpeiros,e máis de 200 agasallos para entregar aos que completen etapas e voten.
Tedes toda a información en santiagoetapas.gal