Iniciado setembro, dende a Asociación Hostelería Compostela retomamos a formación para emprendedores e empresas, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago a través do seu Coworking Dixital, que xa ten organizado para este setembro varios cursos.
O primeiro deles será o vindeiro día 15 sobre CRM: a ferramenta clave para impulsar as túas vendas, que se desenvolverá en horario de 12:00 a 14:00 horas, en FORMATO ONLINE e de acceso GRATUÍTO.
O obxectivo desta xornada é proporcionar aos participantes os coñecementos e habilidades necesarias para implementar e utilizar de forma eficaz un sistema CRM, co fin de optimizar as relacións comerciais e mellorar a satisfacción dos clientes.
No taller exploraranse os conceptos clave do Customer Relationship Management e como implementalo con éxito en calquera organización. Tamén trataranse temas como os beneficios e vantaxes do uso dun sistema CRM, a selección da plataforma adecuada, as mellores prácticas de implantación e a optimización continua.
Dirixida a persoas emprendedoras e StartUps, persoas autónomas e profesionais que queiran lanzar con éxito novas propostas ao mercado, pemes, micropemes e empresas do territorio que queiran deseñar novos modelos ou liñas de negocio, a xornada será impartida por Estela Lareo Fernández, profesional dedicada ao campo de CRM e vendas. Ademáis, é fundadora, CEO e «game changer» de Ideas Positivas Group, unha consultora tecnolóxica especializada en transformación empresarial.
As persoas interesadas poden inscribirse no seguinte enlace

https://coworking.camaracompostela.com/gl/evento/inscripcion/crm-a-ferramenta-clave-para-impulsar-as-tuas-vendas/

Próximos talleres en setembro:
19 set.: Conceptos básicos de ciberseguridade para empresas
21 set.: O plan de empresa na startup
27 set.: Procura de financiamento e estados financeiros
28 set.: Aprende a crear as túas campañas en Google Ads

Estas xornadas enmárcanse dentro do Coworking Dixital Compostela da Cámara de Comercio de Santiago que ten como obxectivo xeral crear un espazo de incubación/ aceleración para mellorar a competitividade e incrementar a produtividade das empresas, ao través do fomento da transformación dixital, a innovación e a incorporación das TIC.