A XIII edición do Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, queda suspendida debido ás restricións impostas en Santiago por mor da pandemia da Covid-19. O peche do sector da hostalaría, que desde este sábado e durante un mes só poderá traballar co servizo a domicilio ou para levar, imposibilita a celebración do concurso este ano.
O evento, promovido por Turismo de Santiago e organizado pola Asociación Hostalaría Compostela, co apoio da Deputación de A Coruña e o patrocinio de Mahou, ía celebrarse entre o 26 de novembro e o 6 de decembro, cunha final os días 11, 12 e 13 de decembro. Colaboraban este ano tamén no certame Cash Récord, Coca Cola e Utimaq.
Hostalaría Compostela estaba ademais organizando a segunda edición do concurso de cócteles de Santiago, Santiago(é)Cóctel, patrocinado por Cash Record coa súa marca Áncora de Silleiro, e a primeira do concurso de cafés, Santiago(é)Café, patrocinado por Cafés Candelas; que tampouco poderán celebrarse neste 2020.