A Axencia Turismo de Galicia acaba de convocar as Subvencións a proxectos tractores da enogastronomía de Galicia, sendo o código de procedemento:TU503J). A axuda ten como obxecto a posta en marcha de proxectostractores que teñan un efecto transformador no sector turísticoenogastronómico de Galicia, cos obxectivos de ampliar a oferta e derestauración e promovoer un turismo enogastronómico sustentable.
Liñas de actuación:
·Liña1: Creaciónde infraestruturas de aloxamento e restauración con criterios desustentabilidade e eficiencia enerxética.
·Liña2: Sistemasde enerxías renovables e economía circular no novo establecementoturístico.
·Liña3: Proxectosdixitais vinculados á enogastronomía e á sustentabilidadeturística no novo establecemento turístico.
·Liña4: Experienciasenogastronómicas vinculadas ao novo establecemento turístico.
A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable polas seguintes intensidades de axuda, segundo a categoría de empresa:
35%, no caso das pequenas empresas
25%, no caso das medianas empresas.
15%, no caso de grandes empresas.
O límite máximo de axuda pública será de 600.000,00 euros por proxecto. Para estes efectos, enténdese por proxecto a posta en marcha dun novo establecemento turístico de aloxamento ou restauración.
Tramitación
Páxina web https://sede.xunta.gal/portada introducindo no buscador o código de procedemento TU503J.
Prazo de solicitude
Dende o 17/04/2024 ás 00:00 ata o 16/08/2024 23:59
Máis información:
Email: fomento.turismo@xunta.gal
Teléfono 981 54 02 61