Tras a celebración da última xunta directiva da Asociación Hostelería Compostela será Sara Santos Ferreiro, da sección de Hospedaxe, a que asuma a presidencia da entidade durante os próximos dous anos de mandato, mentres que Thor Rodríguez Carbón, da sección de Restauración, pasará a ocupar a vicepresidencia, intercambiándose así os seus respectivos cargos ata a data.
Este cambio prodúcese seguindo os propios estatutos da Asociación HosteleríaCompostela, que establecen que «a persoa que ostenta a condición de Presidente por ser quen na devandita condición foi na candidatura, pasados os dous primeiros anos, substituirá a súa función co vicepresidente. Con iso alternarase en cada catro anos a persoa que ostenta a presidencia; o presidente os dous primeiros, e ovicepresidente os dous segundos, pertencendo a sectores distintos».
Ademais, os estatutos indican que «se o presidente pertence a restauración, o vicepresidente terá que pertencer a hospedaxe e viceversa».
Deste xeito, a xunta directiva queda configurada de tal forma:

PRESIDENTA: Sara Santos Ferreiro
VICEPRESIDENTE: Thor Rodríguez Carbón
SECRETARIA: María del Carmen Furelos Gaiteiro
TESORERO: Óscar García Castro

VOGAIS
Avelino Martínez Paredes
Javier Míguez Nimo
Miguel Viaño Illodo
Jesús Peón Otero
Carlos Regueiro Quintás
Iria Asorey Tourón
José Luis Seoane Montero