Santiago (é) Tapas volve en febreiro á cidade para dinamizar a hostalería e mostrar as mellores creacións gastronómicas servidas en pequeno formato.
Cunha ampla tradición no tapeo de propostas creativas, tradicionais, maridadas con viño e cervexa, sen glute e veganas, este ano incorpóranse as tapas doces como categoría para incluír a cafeterías e bares especializados en almorzos, brunchs e merendas, que poderán presentarse coas súas creacións mostrando a mellor repostería.
Así, as tortas, biscoitos, bicas, tortitas, brownies, espetadas, panna cottas, puncakes, madalenas… en porcións e presentación de tapas, poderán concursar ao Premio Tapa Más Doce e formar parte dos locais da (e)tapa doce.
As tapas serviranse ao prezo de entre 2 e 4 euros, entre o 15 de febreiro e o 3 de marzo, en horario marcado polo propio local, e xurado profesional e público elixirán cos seus votos á gañadora.
Os rexistrados deberán presentalas na Asociación de Hostalería ante un xurado clasificador a próxima semana, entre o 16 e o 19 de xaneiro (horario a convenir), onde se lles quitará a foto para a cartelería correspondente, a web e o Tapasporte, co que o público poderá ir selando os locais nos que consuma tapas a concurso, e optar a premios directos e sorteo de agasallos.
Durante todo o concurso farase promoción dos locais e as súas propostas nas canles de difusión e redes de Santiago (é) Tapas.

A inscrición, atendendo ás peticións dos nosos asociados, está aberto ata o luns ás 08.00 horas. A inscrición (99 euros, IVE incluído) é por local e dá dereito á presentación de ata 2 tapas (3 se se fai unha vegana ou sen glute).
E lembrade que os inscritos poderán facer un curso de formación de baristas, tiraxe de cervexas, cata de viños e entrar no sorteo de noites de hotel e entradas a MEGA, grazas a Estrella Galicia, Ponte da Boga, Café Dromedario e Alda Hotels.

www.santiagoetapas.gal