BASES PARTICIPACIÓN
Poderán participar nestas rutas todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas. A organización fixa o número de locais participantes nun máximo de 42, por rigorosa orde de inscrición. Inscricións: Deberán rexistrarse, para tal fin, entre o 24 de febreiro e o 3 de marzo (ambos incluídos) enviando a folla de inscrición por correo, entregándoa persoalmente na oficina técnica do evento, cubrindo o formulario de inscrición que adxuntamos neste mail ou na páxina web reveravinum.gal.
Oficina técnica
Rúa das Salvadas 29 . 15705 Santiago de Compostela
Enderezo electrónico
socios@santiagohosteleria.org
Teléfono
981 59 27 00
Horario
de 9 a 14 e de 16 a 19 horas de luns a xoves e venres de 8 a 15 horas.




Os locais participantes deberán:
Selar o ‘tarxetón’ a todos os clientes que o precisen, logo de que consuman unha copa da lista de viños con DO ou IXP galegas que teñan no local. Exhibir nun lugar visible o cartel coa lista de viños con DO ou IXP galegas dispoñibles Conservar os ‘tarxetóns’ cubertos pola clientela ata a finalización do evento, cando a organización as recollerá para proceder ao sorteo de agasallos. O presente evento queda suxeito ás limitacións que, como consecuencia da actual situación de pandemia, se impoñan polas autoridades con competencias en materia de saúde pública.