Revera Vinum

I Encontro do Viño Galego Revera Vinum pretende dar a coñecer, promover e difundir os viños galegos entre os profesionais do sector e a veciñanza e os turistas que visiten Santiago de Compostela, así como lograr crear un punto de encontro para as diferentes adegas, DO e IXP galegas, reunidas todas elas por primeira vez nun evento destas características.

O ENCONTRO TEN COMO EIXOS PRINCIPAIS

TALLERES E CATAS
Algúns dos máis prestixiosos profesionais da sumillería e a viticultura do país dirixirán os talleres e catas que se desenvolverán nos salóns do Hotel Monumento San Francisco.

ÁREA EXPOSITIVA
Máis de 25 stands de empresas distribuidoras e adegas, representando a todas as denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas galegas, formarán parte da área expositiva do Revera Vinum.
Ademais, no Túnel do Viño os visitantes poderán coñecer máis de 300 referencias mentras gozan e aprenden co asesoramento do persoal que o atende.

FORO
O programa inclúe tamén a celebración de varias mesas de debate nas que se analizará o presente e futuro do viño galego.

Actividades complementarias

RUTAS DE VIÑOS
‘REVERA VINUM COMPOSTELA’ 

Bares e restaurantes de Compostela participarán nestas rutas nas que, de xeito similar ao funcionamento do concurso de tapas Santiago(é)Tapas, a clientela poderá percorrer entre o venres 18 e o domingo 27 de marzo (ambos incluídos). 

Estableceranse cinco rutas de de viño, tratando de cubrir a maior extensión posible do municipio. Cada cliente disporá dun tarxetón no que poderá ir selando as consumicións. Polas rutas completadas, gañaranse diferentes agasallos (lotes de viños, catas gratuítas, viaxes de turismo enogastronómico nas adegas participantes...)

CATAS MARIDAXE CON MÚSICA
‘REVERA VINUM COMPOSTELA’

Catas de viño con actuación musical pensadas para animar aos máis novos a iniciarse neste mundo.

Propóñense duas catas nas que se combinará a proba dos viños cunha actuación musical.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies