O xerente da Asociación Hostalaría Compostela, Ramón García Seara, reuniuse esta mañá co xerente de Turismo de Galicia, Emilio de la Iglesia, na sede que este organismo público ten na Barcia, en Santiago.

No encontro abordáronse diversas cuestións que afectan ao sector hostaleiro en Santiago e comarca, especialmente nestes complicados momentos derivados da pandemia da COVID-19.

A xuntanza serviu tamén para estudar a posta en marcha de futuras posibles colaboracións entre ambas entidades, que axuden a dinamizar a hostalaría de Santiago e a súa comarca.

García Seara amosouse satisfeito co resultado da reunión, enmarcada dentro dos obxectivos da Asociación Hostalaría Compostela de aposta polo diálogo constante coas institucións e defensa dos intereses dos seus 600 locais asociados.