Un ano máis a Fundación Rosalía de Castro volve poñer en marcha no aniversario da escritora o seu soado Caldo de Gloria, unha iniciativa inspirada no poema Miña casiña, meu lar, no que a poetisa explica como facer un caldo humilde e no que se relata a épica diaria da supervivencia.
Do mesmo xeito que en edicións anteriores, os locais que estean interesados en participar nesta homenaxe preparando o caldo de gloria para ofrecelo en carta do 23 ao 25 de febreiro, deberán comunicalo antes deste venres 16 á Asociación Hostelería Compostela (Telf: 981 592 700) para reserva de manteis individuais de papel (modelo segundo foto) e que se repartirán a próxima semana.
Esperamos que esta iniciativa sexa un ano máis do voso interese.