A XV edición de Santiago(é)Tapas encara a súa segunda semana con moi boas perspectivas. Además dos agasallos que reciben todos os participantes que finalizan (é)TAPAS, este ano o certame organizado por Turismo de Santiago en coordinación con Hostelería Compostela tamén incentivou e premiou a participación dos hostaleiros no concurso. Así ao sorteo de entradas ao Museo MEGA e a noite de hotel para dúas persoas en Alda Hotels súmase ademais, un welcome pack de Experiencias de Calidade (Agacal) con distintos produtos de calidade certificada para cada hostaleiro que participa nesta edición.
O obxectivo é que os hostaleiros coñezan o produto galego con certificación de calidade, isto é, cunha
contraetiqueta propia da Denominación de Orixe ou da Indicación Xeográfica Protexida que así o avale, e
poñelos en contacto cos propios produtores, sensibilizándoos de que «consumindo alimentos galegos con
certificado de calidade axúdase aos produtores locais e contribúese a dinamizar o rural galego».
A repartición dos welcome packs estase a realizar durante o tempo do concurso como parte dunha acción promocional de Experiencias de Calidade xunto a Hostelería Compostela que incluirá diversas actividades.

Máis información na web santiagoetapas.gal