A incorporación ao mercado de traballo no sector da hostalaría e a restauración depende a partes iguales da calidade da formación recibida e a experiencia adquirida. É por isto que desde Hostelería Compostela apostamos por ofertar aos nosos asociados e a todo aquel que o precise aulas de formación dirixidas por expertos do sector, é o caso dos consultores de Edan Xestión, Emilio Arias e Ángel González que están a impartir nestes meses diferentes sesións formativas para empresarios e emprendedores do mundo da restauración e a hotelería. Para saber un pouquiño máis destas aulas falamos con eles.

Que é a Aula de Negocios para Empresari@s Hosteleir@s

Partimos da idea de que “se buscas resultados distintos, non fagas sempre o mesmo”, como dicía Einstein.

A Aula de Negocios da Asociación é un punto de encontro onde buscar eses resultados distintos e mellores, que poidan axudar a empresas ou profesionais que necesitan un cambio para: seguir adiante, acadar os seus obxectivos económicos, etc.

Traballamos aspectos clave para a boa marcha do negocio: captación e fidelización de clientes, estratexias de diferenciación da competencia, prezos e marxes de rendibilidade, redes sociais, etc.

O papel da Aula de Negocios para Empresari@s Hosteleir@s non é só ofrecer formación: vai moito máis alá. Mediante as actividades escoitamos as necesidades das empresas e profesionais membros da Asociación, as encauzamos consensuadamente con elas/es e podemos propoñer solucións concretas, tentando minimizar os custos para a empresa asociada.

 

Que diferencia esta formación doutras ofertas similares?

O papel da formación debe ser proactivo, e buscar solucións a necesidades concretas.

O que nos diferencia é o enfoque: non cremos na formación do tipo “As 7 claves para que funcione o teu negocio”, etc. Nos enfocamos nas necesidades concretas d@s participantes, e non en recetas milagrosas xerais. Nesta formación abrimos un diálogo construtivo cos/as asistentes e traballamos sobre cuestións concretas que saian delas/es.

De feito, a maior parte das 2 horas de cada actividade fixada para este primer trimestre, adícanse a iso.

E despois mantemos durante 1 mes unha canle de contacto aberta, gratuíta, para dúbidas ou consultas que poidan xurdir no día a día da actividade.

 

A quen vai dirixida

Vai dirixida a empresari@s, persoal directivo, ou calquera persoa que teña un papel xerencial ou decisorio no establecemento hostaleiro.

 

 

As próximas accións formativas son:

Quero diferenciarme da competencia. Que podo facer? (2 marzo).

  • Que significa diferenciarse da competencia?
  • Como transmito ao potencial cliente que o meu negocio é diferente e atractivo?
  • Influencia positiva e negativa da competencia no meu negocio.
  • Como facelo?

Que prezos poño no meu local? (9 marzo).

  • Que debe determinar os prezos do meu local?
  • Marxes de rendibilidade, produtos estrela e produtos gancho.
  • Como facer un escandallo útil.

Captar clientes a través das redes sociais (23 marzo).

  • O meu negocio ten que estar onde están os meus clientes.
  • Son útiles as redes sociais? Internet como campo de conversa interesada.
  • Como sacarlles rendemento ás redes sociais: cal/es elixir; que buscar con cada unha delas; etc.
  • Como captar o interese da xente a través do que publicas.

 

Custo:

Para estas accións formativas o custo é de 60 €/asistente, agás para empresari@s e profesionais asociad@s, así como para o seu persoal, que sería de 30 €/asistente.

 

Inscrición e consultas:

Para inscribirse ou realizar calquera consulta só é preciso chamar ao teléfono 667 905 330 ou enviar un e-mail a info@edanxestion.com con asunto “Inscrición curso asociación hostelería”, indicando: o seu nome e apelidos, empresa á que pertence, se é membro da Asociación, e o curso para o que desexa inscribirse.