A Xunta de Galicia leva anos impulsando a sustentabilidade empresarial desde a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, xa que considera que as empresas sostibles responsables aseguran unha sociedade máis xusta e garanten a súa viabilidade. Para axudar ás pemes galegas neste camiño desenvólvese desde hai varios anos o programa Responsabilízate, de asesoramento gratuíto integral á empresa, que inclúe formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas ASG adaptadas ás súas necesidades.

O próximo día 12 de decembro, presentaráse o programa no hotel A Quinta da Auga, nun evento que contará coa presenza da Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo e o Presidente de AJE Galicia, Luciano Covelo, así como de varias empresas que contarán a súa experiencia como participantes do programa na edición que acaba de rematar e na que se informará sobre o Programa, estando invitados todos os nosos asociados que o desexen.

Nova edición do programa Responsabilízate da Xunta de Galicia
Arranca unha nova edición do programa impulsado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Responsabilízate, que ofrece asesoramiento 100% gratuíto destinado a apoiar ás pemes e microempresas do tecido empresarial galego na súa transformación cara a modelos de negocio ambiental, social, e económicamente sostibles. As entidades beneficiarias reciben acompañamento integral, formación e servizos de consultoría gratuítos por parte dun grupo de expertos para desenvolver iniciativas adaptadas ás súas necesidades, recursos e prioridades.
O programa ofrece:
– Análise de estado, potencial competitivo e situación da sustentabilidade da empresa.
– Formación en líña “Fundamentos ASG para empresas” (15 horas).Asesoramento personalizado.
– Definición dun plan de acción, acompañamiento na implantación das primeiras acción (cálculo da pegada de carbono, política de sustentabilidade, plan de reducción de emisión, política de compras sostibles, política de conciliación ou de desconexión laboral…) e seguimento.
As empresas que completan o programa reciben o Selo Responsabilízate; as entidades posuidoras deste selo sitúanse como as primeiras en avanzar cara a novo concepto de peme e microempresa sostible, responsable, comprometida cos valores ASG a adiantada ás tendencias normativas. Na edición anterior, 200 empresas recibiron de este recoñecemento oficial concedido pola Xunta e beneficiaronse de máis de 1000 horas de asesoramento personalizado e da implantación de máis de 400 accións.

100% gratuíto
Prazas limitadas
Selo oficial empresa responsable
Formación certificada

Formulario de inscrición para o evento de presentación do programa: https://forms.office.com/e/R9VFc2H0A5

Más información sobre o programa dispoñible na Sede da Xunta: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?langId=es_ES&codtram=TR320B