O próximo luns, día 24 de abril, no local da Asociación HosteleríaCompostela, celebraráse a acción promocional de produtos gourmet ARTESANÍA GASTRONÓMICA, O VALOR DO NOSO, centrada en dous produtos moi especiais, a cervexa Galician Brew e as galletas Perusiñas.
A actividade, que dará comezo ás 18.00 horas, está dirixida a os socios e socias que desexen coñecer estes produtos (previa inscrición no mail presidencia@santiagohostalaria.org) dunha forma práctica e amena.
GALICIAN BREW
De18:00 h a 18.45 horas (distribución e restauración)
De19:15 h a 20.00 horas (bar de prácticas. Ocio nocturno e bares)
Trátase dun obradoiro a cargo da mestra cervexeira e sumiller Isabel Vieitez para descubrir os segredos do estilo IPA (India Pale Ale), afondando na historia, o sistema de elaboración, as materias primas,
o lúpulo, a cata técnica e o servizo en mesa do estilo que revolucionou a cervexa.
Galician Brew é unha empresa de cervexa galega artesanal, que comeza en 2015 na adega
familiar e en febreiro de 2020 inaugura a súa fábrica no mesmo predio. Ubicada en Padróns
(Ponteareas), en pleno val do río Tea (zona Rede Natura), moi cerca de Mondariz.
E Isabel Viéitez é a mestra cervexeira e responsable de Galician Brew, que conta cunha impresionante traxectoria profesional.
PERUSIÑAS
De18:45 a 19:15 horas (sesión única)
Presentación e degustación de galletas artesás feitas en Galicia cun posicionamento gourmet e sostible. Trátase de doces artesáns feitos en Galicia cun posicionamento gourmet e sostible. Con 100 puntos de venda en menos dun ano de existencia, Perusiñas destaca polo seu sabor intenso e pola súa naturalidade, presentadas nun tarro de vidrio que é reciclable, reutilizable e tamén retornable.
A marca conta agora mesmo con tres variedades de galletas: Variedade de manteiga, con toques máis
tradicionais, na que o aroma e a suavidade da manteiga lévanse o protagonismo. O contraste
deste ingrediente tan cremoso co crocante e salgado da sal mariña, fai que comer só unha
galleta sexa imposible.
Variedade de xenxibre, unha opción máis atrevida e sorprendente. O sabor refrescante e
lixeiramente picante do xenxibre, acompañado por unha textura especialmente crocante,
explota na boca enchéndoa de sabor.
Variedade de canela, un punto medio moi atractivo, no que o delicado e lixeiro aroma da
canela de Ceylan faise presente desde o mesmo momento no que apoias a galleta nos
beizos. Especialmente recomendable para acompañar con café.