A sede de Hostalería Compostela foi escenario dun showcooking a cargo do coñecido chef Alejandro Méndez, da arrocería Os Cachivaches de Lugo, organizado pola firma de embutidos Montepicato, para presentar as posibilidades dos seus produtos na cociña, e que onte estiveron acompañados polos
queixos da cooperativa Campo Campela e os viños da adega EDV.
A acción, enmarcada no obxectivo da asociación de dar a coñecer produtos e elaboracións que resulten de interese para o sector da hostalería, tivo unha gran acollida entre os profesionais asociados, que gozaron dunha xornada de formación na que tamén intercambiaron impresións sobre os diferentes produtos presentados.
Croquetas, empanadillas, tostas de lacón e quixo, tostas de queixo e chistorra, e arroz
con secreto foron algunhas das propostas, alabadas por todos os presentes.
A xornada serviu para que moitos dos profesionais do sector coñecesen algúns dos produtos estrela das empresas, e tomasen boa conta das ideas de preparación e maridaxe achegadas polo chef lucense, que estivo acompañado nos fogóns por Pablo Vila, presidente da Asociación de Cociñeiros de Lugo; Ana Vence e Noelia García, de Campo Capela, e Pablo González, director técnico da adega EDV, unha pequena adega de tradición familiar que conta con varios viños premiados.
Ademais, os asistentes coñeceron a historia de Montepicato, unha empresa pequena familiar radicada en Lugo que gaña adeptos en cada presentación.