O falecemento esta tarde de Juan Antonio Mesejo Rey, socio durante toda a súa traxectoria profesional da Asociación Hostelería Compostela, causou un fondo pesar no sector da hostalería compostelá, xa que Juan Antonio era moi coñecido e moi apreciado por todos os que lle trataban.
Enfermo desde hai algún tempo e xa xubilado, estivo á fronte da famosa Pulpería Los sobrinos del padre, fronte á igrexa de San Martín Pinario, durante máis de corenta anos, tras facerse cargo do establecemento en 1972.
Casado con Carmen Lodeiro Fernández, tiña dous fillos, Juan Manuel e Alberto, que seguiron os seus pasos no sector da hostalería facéndose cargo do negocio e dun pequeno hotel, e era tamén moi coñecido pola súa afección á caza, participando activamente nas actividades da venatoria de Val do Dubra.
Numerosos compañeiros achegáronse ao longo desta tarde ata o Tanatorio Fraga, de Rial, para expresar as súas condolencias á familia. A misa de funeral celebrarase mañá venres, ás 16,00 horas, na igrexa parroquial de San Vicente, en Rial.