Como cada ano por estas datas, os establecementos hostaleiros súmanse á celebración de San Valentín con propostas especiais que van desde menús degustación a paquetes que inclúen aloxamento e gastronomía a prezos reducidos. Algúns, mesmo con propostas diferenciadas como o Mercado Creativo de San Valentín, organizado conxuntamente por Creativas Galegas e Café A Morena, que terá lugar o sábado día 11 durante todo o día, coa música en directo de Celia Pía.

Tamén o restaurante Orixe Gastronomía Galega ten preparada unha cea maridaxe con cata comentada por San Valentín que se celebrará o mércores 15, dende ás 21.00 horas, previa reserva. A cata correrá a cargo de Marina García: enóloga, formadora e Brand Ambassador de González Byass que guiará aos asistentes por un percorrido de sabores que fará as delicias de todos os namorados.
Dous bos exemplos do esforzo da hostalería por dinamizar a axenda de lecer da cidade.