A sede da nosa Asociación, na Rúa Salvadas 29 (Santiago), acollerá a semana que vén dous obradoiros de elaboración de cafés impartidos polo barista Diego López, de Cafento, que serán gratuítos para os locais asociados.
Hai 10 prazas para cada unha das quendas que se celebrarán o luns 25 de outubro e o mércores 27 de outubro de 17:00 a 20:00 horas.
Inscríbete en comunicacion@santiagohosteleria.org ou no teléfono 981592700.