O Clúster de Turismo de Galicia está a preparar unha misión comercial á feira internacional TTG Incontri Rímini, que terá lugar do 11 ao 13 de outubro de 2023, coa participación aberta a socios e socias da Asociación Hostelería Compostela que estén interesados en acudir.
A misión comercial iniciarase o martes 10 de outubro, saíndo desde o aeroporto de Vigo ás 13.35 horas con destino a Bolonia, vía Madrid, e chegada ás 18.20 horas, incluíndo unha maleta para facturar.
Ademáis, proporcionarase un minivan para trasladar aos participantes da misión comercial desde o aeroporto ata o hotel e viceversa, estando previsto o aloxamento no Hotel Cristallo Palace de 4 estrelas, en réxime de aloxamento e almorzo.
A misión comercial finalizará o venres 13 de outubro, con saída dende Bolonia ás 12:20 e chegada á Vigo ás 17.00 horas, vía Madrid.
O importe para abonar por participante en concepto dos servizos de internacionalización é de 800,00 euros. Para poder preparar a expedición, é necesario que quen desexe participar envíe un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com manifestando o seu interese e incluíndo os seus datos persoais (nome, apelidos, DNI, empresa á que pertencen, datos de contacto e facturación), así como achegar o xustificante de pago do ingreso na conta.
O prazo máximo para realizar a inscrición será o venres 4 de agosto ás 14:00 horas. As prazas son limitadas, e toda aquela persoa que confirme a súa asistencia e non asista, deberá abonar a cantidade de 1.390,00 euros salvo que por causa xustificada contemplada no seguro de cancelación poida ser cuberto por este, a condición de que sexa efectivamente devolto pola compañía.
Os socios interesados en asistir poden pedir máis información no Tf. 881 247 436