Este 30 de xuño de 2016 sae á rúa o último número de CompH!ostelería cun novo formato e novos contidos.
A aposta de Hostelería Compostela pola renovación da súa imaxe e a modernidade das súas canles, levaron a retomar a edición da revista dos socios/as da entidade. A partires deste número publicarase de xeito bimestral e distribuirase conxuntamente coas revista Pincha e discos.
Precisamente as encargadas da edición desta nova andaina de CompH!ostelería son precisamente Cristina e Rebeca, redactoras e responsables de Pincha e discos.
Neste nóvo número teñen cabida as novas da asociación, os novos socios incorporados e unha entrevista a Concelleira de Turismo, Marta Lois. Así mesmo os dous presidentes da asociación teñen o seu anaco na mesma.
O vindeiro número o teremos na rúa o 30 de agosto.