A Concellería de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais porá en marcha o vindeiro 24 de maio o novo servizo do autobús ao aeroporto coa liña 6A, que pasará a estar desdobrada. Desta maneira, realizará viaxes directas e sen paradas por vías de alta capacidade entre a terminal Rosalía de Castro e a intermodal, funcionando a modo de lanzadeira; intercaladas con outras viaxes seguindo o itinerario actual.
O obxectivo é garantir un mellor servizo aos usuarios e usuarias do aeroporto, pero tamén aos veciños e veciñas de zonas de Santiago como San Lázaro, San Marcos e Lavacolla, que diante do incremento da demanda desde a terminal aeroportuaria vían como os autobuses chegaban xa cheos ás súas paradas.
Na páxina web do Concello podedes atopar máis información sobre esta reorganización das liñas, no seguinte enlace:

http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=23338&lg=gal

Aquí podedes atopar os horarios e distribución da liña 6, tanto dos servizos directos como dos servizos con paradas:

http://santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/doc/1715772773FRECUENCIAS_LInA_6A_DESDOBRADA_E_ACLARACIoNS_PARADAS.pdf

Unha boa nova para trasladar á clientela dos establecementos da Asociación Hostelería Compostela, potencial usuaria do aeroporto Rosalía de Castro de Lavacolla.