Os próximos días 27 e 28 de marzo celébrase no San Francisco Hotel Monumento o II Encontro do Viño Gallego Revera Vinum promovido pola Asociación Hostelería Compostela e organizado por Escenoset co patrocinio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a colaboración de diversas empresas.
A menos de dúas semanas da celebración, os organizadores inaugurarán o próximo día 17 o Galicia en Copas, primeira actividade do Revera Vinum que servirá como antesala do evento e o promocionará entre os hostaleiros da capital galega, e que será presentada á prensa o día anterior cun acto informal nun dos locais participantes.
Ademáis, a asociación dispón dun número limitado de invitacións que se repartirán entre os socios que desexen asistir, e que deberán recoller na sede da Hostelería Compostela (rúa Salvadas, 29-31, de Santiago).
As invitacións repartiranse por estrita orde de chegada (ou solicitude) ata o fin de existencias, en horario de oficina é de 09.00 a 14.00 horas, e polas tardes de 16.00 a 19.00 horas.