O concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, fixo entrega esta semana dos recoñecementos Distinción Calidade Turística 2023 a varios restaurantes e hoteis da cidade, entre os que se atopaban moitos asociados de Hostelería Compostela.

Entre os distinguidos neste ano atópanse a Bodeguilla de Santa Marta, Bodeguilla de San Lázaro, O Sendeiro, Crecotte Creperie, Meliá Araguaney, Hostal Suso, Hotel Costa Vella, Hotel San Lorenzo, Pensión Alfonso, Restaurante Central, Pensión México, Restaurante San Jaime, Hotel San Jacobo e
Los Caracoles. Noraboa!