O lixo no Casco Histórico continua a xerar novas. Nesta ocasión, a de o uso indebido das illas de quita e pon para residuos ou os depósitos fora de horario. Así, dende o Departamento de Servizos Comunitarios do Concello de Santiago avisaron que dende hai semanas se veñen observando depósitos fóra de horario na Travesa de Fonseca, no chan ou mesmo nos colectores de vidro, así como a utilización indebida das illas de quita e pon para residuos domiciliarios, que dificulta a utilización por parte dos veciños, especialmente da situada na Praza do Toural.

Aproveitamos para lembrar os horarios consensuados para o servizo de recollida de residuos da hostalaría no Casco Histórico e as áreas de alivio existentes a día de hoxe.
Recollida de residuos orgánicos e fracción resto:

– de domingo a mércores: a partires das 24:00 horas.

– xoves, venres, sábados e vésperas de festivos: a partires das 01:00 horas.

Recollida de papel e cartón:

– de luns a sábado: a partires das 20:30 horas, máis ruta de repaso a partires das 24:00 horas.

Recollida de envases lixeiros:

– de luns a domingo a partires das 09:00 horas comezando a ruta en rúa das Ameas e finalizando a ruta en torno ás 12:00 h en rúa San Clemente.

Recollida de vidro:

– non sufre variacións con respecto ao sistema actual.

Lembrámosvos tamén que os colectores deberán estar colocados en vía pública na zona de paso dos camións, identificados co nome do local, antes do inicio da ruta de recollida.

A empresa Urbaser continuará coas tarefas de información e o reparto de colectores individuais para cada negocio, polo que vos pedimos que lles trasladedes as vosas necesidades, ben a través da páxina web: www.santiagosostible.gal ou vía telefónica: 672.243.457.

Sinalar que para a aportación nos colectores da fracción orgánica é preciso utilizar a chave triangular.

Illa de alivio Quita e Pon:

– Travesa de Fonseca en horario de 18:00 a 24:00 horas colectores de resto, orgánica, papel/cartón, ademais de colector de vidro permanente.

Illas de alivio fixas:

– Avenida de Figueroa: colectores en superficie de envases lixeiros para completar dotación de illa soterrada en Rodrigo de Padrón (resto, papel/cartón e vidro).

– Porta da Pena: resto, orgánica, envases lixeiros, papel/cartón e vidro.

– Rúa da Conga: envases lixeiros e resto.

– Travesa da Universidade: resto, orgánica, envases lixeiros, papel/cartón e vidro.

– Mazarelos/Fonte de Santo Antonio: resto e vidro.

– Praza Oliveira: resto, orgánica, envases lixeiros.

– Rúa das Rodas: resto, envases lixeiros, orgánica.

– Entremuros: resto.

– Praza Salvador Parga: resto, orgánica, envases lixeiros, papel/cartón e vidro