Turismo de Galicia abre unha liña de axudas para actuacións de mellora das infraestruturas dos establecementos turísticos de aloxamento e de restauración. Convocatoria ano 2024. (Código
de procedemento TU503A)
Estas axudas teñen por obxecto a mellora da infraestrutura turística da Comunidade Autónoma de Galicia mediante a incentivación para a mellora das infraestruturas dos establecementos de aloxamento turístico e de restauración galegos.
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que se inicien a partir do 1 de xaneiro de 2024
Considerarase investimentos subvencionables:
1. Actuacións destinadas a mellorar as condicións de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas.
2. Obras destinadas á mellora das instalacións coa finalidade de obter certificacións de calidade, en especial o Q de Calidade Turística.
3. Actuacións destinadas á adaptación ás modificacións normativas e á mellora da clasificación do establecemento que supoñan un incremento de categoría.
4. Actuacións de renovación e modernización das instalacións e embelecemento do contorno da instalación.
5. Equipamentos mobles necesarios para o funcionamento.
6. Actuacións de mellora da climatización que favorezan a sustentabilidade
coa implementación de medidas de aforro enerxético, así como a
instalación ou mellora de sistemas de extracción e renovación do aire.
O investimento neto admitido será de ata 100.000€. Os proxectos que se consideren como accións subvencionables de acordo cos criterios de valoración poderán acadar unha subvención de ata o 60 % sobre o orzamento do investimento (60.000 € máximo)
A presentación de solicitudes será hata o 19 de Febreiro de 2024
Os asociados poden solicitar máis información a través do mail axudas@santiagohosteleria.org