Café Dromedario súmase este ano a Santiago (é) Tapas como unha das súas principais empresas colaboradoras. Entre as súas accións atópase un curso de formación de Iniciación Barista, que impartirá Karen Quiroga, e para o que tendran prioridade os rexistrados nesta edición do concurso.
Formadora de Café Dromedario, 2 veces campiona de España de latte (sca 2017 e Forum 2021), 3ª aeropress España 2019 e somelier de té, Karen Quiroga impartirá un curso que cremos será moi interesante para quen queira comezar a súa carreira como barista ou para aqueles que xa teñen experiencia pero queren ter unha formación máis profesional.

Contidos do curso de iniciación barista:

Manual barista incluído gratuíto no curso.
Degustación de bebidas con café.
Historia.
Botánica.
Diferenzas entre as variedades de café.
Correcto uso da máquina espresso.
Conservación do produto.
Preparación do espresso correcto cos parámetros indicados para cada bebida.
Emulsión correcta do leite.
Rendibilidade.
Aforro.
Diferentes bebidas especiais con café con leite ej: capuccinos, latte macciatto, flat white etc.

O curso realizarase os días 29 e 30 de xaneiro no local da Asociación Hostelería Compostela (Salvadas, 29-31), e durará unhas 2 horas aproximadamente. Haberá varias quendas, estando limitadas a 10 prazas por quenda.

Poderedes inscribirvos marcando a vosa preferencia de horarios inscricións

Pecharanse as quendas por orde de inscrición, tendo prioridade os participantes en Santiago (é) Tapas.
Límite día 25.