A sede da Asociación Hostelería Compostela, na rúa Salvadas, acolleu esta mañá unha rolda de prensa na que se presentaron algunhas das principais liñas de actuación da nova Xunta Directiva. Segundo explicou a presidenta da entidade, Sara Santos, unión, diálogo e defensa dos dereitos do sector será a máxima de Hostelería durante os próximos catro anos. “Queremos ser a voz dos hostaleiros e hostaleiras en Santiago e a súa contorna. Escoitar os seus problemas e ser ese nexo de unión coa Administración para solucionalos. Imos queixarnos todo o que faga falta pero tamén imos propoñer solucións. Cremos nun sector sólido, forte e unido que busque o beneficio non só del, senón de toda Compostela”, apuntou.
Santos tamén dou conta das cifras de ocupación do mes de setembro. Segundo os últimos datos da Asociación, en setembro a ocupación media nos hoteis foi do 87,30{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} e nas pensións do 85,61{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5}. Isto supón un aumento considerable con respecto ao ano pasado. No 2016 os hoteis alcanzaron en setembro un 61,44{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} e as pensións un 72,13{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5}.
Sen embargo, as previsións para outubro son máis baixas: 68,45{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} para os hoteis e de 71,55{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} para as pensións. Mentras que en outubro do 2016 alcanzáronse o 77,86{b3705fbade47c0bd3c2291fcde81d9ee637c57ad114296e99373bbcf1bd450b5} en hoteis e o 82,50 en pensións.
Mellorar a comunicación e profesionalización
Un dos principais obxectivos desta nova etapa da Asociación será o de mellorar a comunicación entre os socios e socias. Para iso, acaba de lanzarse unha nova páxina web (www.santiagohosteleria.net) máis atractiva e útil, que presentou a vicepresidenta da entidade, Rita Sobrado.
Esta nova web conta con diferentes seccións: novas, formación, como asociarse, etc. E tamén cun apartado para consultar os últimos números en pdf da revista que edita Hostelería Compostela, CompHostelería. Trátase dunha publicación gratuíta, con informacións de interese para o sector, e que se reparte cada dous meses por toda a cidade e comarca xunto coa revista sobre gastronomía e cultura Pincha.
Sobrado tamén anunciou que se vai a recuperar o Día do Socio, unha xuntanza informal con todos os socios e socias nas que tratar os problemas e necesidades do sector dun xeito distendido.
Por último, interviron na rolda de prensa Félix Álvarez, director do Hotel Los Abetos e vocal de hospedaxe, e Lois López, de A Nave de Vidán e vocal de restauración. Os dous explicaron outras das actuacións que a Xunta Directiva quere poñer en marcha nestes meses. Entre eles, mellorar a profesionalización e a estacionalización do sector. Todo elo, a través do contacto directo e a colaboración coa Administración e outras entidades como o Clúster do Turismo ou os distintos organismos que se adican á formación.