A Concellería de Igualdade, en colaboración con Turismo de Santiago de Compostela e a Deputación da Coruña, está a promover unha nova edición de COMPOSTELA DIVERSA, un programa para facer de Santiago un referente para as persoas LGTBI, habida conta de que o colectivo necesita de accións globaise inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida cotiá.

Así, neste 2023 volverase realizar a Campaña de dinamización e sensibilización social para axudar a normalizar a realidade LGTBI, a través da implicación dos sectores básicos do municipio, neste caso Hostalería e Hotelería, cuxos locais vestirán as cores de Compostela Diversa dende o luns 12 de xuño ata o domingo 2 de xullo.

Están invitados a participar todos os bares, restaurantes e aloxamentos asociados que o dexesen previa inscripción no mail composteladiversa2023@gmail.com indicando os seguintes datos

NOME ALOXAMENTO/BAR/RESTAURANTE:

DIRECCIÓN POSTAL:

TLF. CONTACTO:

EMAIL CONTACTO:

PERSOA CONTACTO:

Haberá un límite de 100 participantes (30 aloxamentos + 70 bares/restaurantes), e a inscrición farase por rigorosa orde de chegada dos correos electrónicos, sendo a hora e data límites, as 22:00 horas do 31/05/2023.

MATERIAL. Cada establecemento participante recibirá

− Mandil (bares, restaurantes e aloxamentos 2 unidades c/u)

− Cartel (bares, restaurantes e aloxamentos 2 unidade c/u)

− Postal (aloxamentos 100 unidades c/u)

− Pousavasos (bares e restaurantes 100 unidades c/u)

− Mantel individual (bares e restaurantes 500 unidades c/u)

− Banderíns LGTBI

O obxectivo da campaña é «amosar que Santiago é historicamente unha cidade de acollida para todos e todas, máis alá da procedencia, das crenzas relixiosas ou da orientación sexual», explican dende o Concello, recordando que Santiago é unha Cidade Patrimonio da Humanidade, «é dicir, é un patrimonio colectivo que calquera persoa ten o dereito a desfrutar sendo tratada dun xeito tranquilo, seguro e amable».

Ademáis, a campaña pretende axudar «a que Santiago continúe evolucionando como destino turístico, sendo cada vez máis amplo e diverso».