A sede da Asociación Hostelería Compostela acolleu a segunda reunión na que se debatiu sobre as accións a levar a cabo trala aprobación, de forma inicial, por parte do Goberno Municipal da modificación da Ordenanza reguladora das terrazas e quioscos de hostalería.
Dita modificación foi aprobada só co voto a favor de Compostela Aberta, o voto en contra do PP, e a abstención de PSOE e BNG, que condicionaron o seu apoio a que se iniciase un diálogo co sector durante o período de alegacións. Pasadas varias semanas, todavía non se produciu ese achegamento. E aínda que o sector mantense aberto a lograr ese diálogo, cre que é o momento de iniciar unha campaña defendendo os seus dereitos. Dela ocuparase unha comisión de traballo creada durante a reunión.
Non é un problema real
Hostelería Compostela ten solicitado ao Concello un informe sobre o número de prazas de terrazas que hai na cidade e sobre cantas non se axustan á fachada do local, xa que a nova Ordenanza indica que estas deben ocupar só ese espazo. Un punto que xenera moita preocupación no sector.
Tampouco hai datos obxectivos que indiquen que as terrazas sexan un problema real para a cidadanía, senón que é a propia cidadanía a que demanda este tipo de servizo.
Por último, unha vez máis, Hostelería Compostela quera amosar a súa completa disposición para debatir e negociar co Goberno local o texto final dos artigos da nova Ordenanza que son controvertidos.