O próximo martes 30 presentarase no CIFP Compostela o Soporte basculante para o servizo de viños en botellas de grande formato, proxecto premiado por FP INNOVA 2024 no que colabora a Asociación de Hostelería de Santiago, sendo o centro coordinador o propio CIFP Compostela.
Tal e como se explica na memoria, «dous dos principais inimigos do viño son o osíxeno e a temperatura.
As botellas de grandes formatos contribúen a que o viño teña en proporción un menor contacto coa diminución (espazo de aire que queda no interior da botella), por tanto, conforme maior sexa a botella mellor será o envellecemento do viño: paulatino e lento. Por outra banda, os cambios de temperatura afectan en menor medida cando o volume de viño é maior en botellas de gran formato a diferenza das botellas “standard” 0,75 l ou menores, por tanto, as botellas de gran formato son ideais para conservar os viños máis delicados e exclusivos».
«É por iso, que moitos coleccionistas de grandes viños prefiren gardalos en botellas deste estilo pois gañan en lonxevidade e conservan as súas características de maneira óptima», engaden.
Dúas botellas dun mesmo viño, conservado da mesma maneira e aberto no mesmo momento, poden ser totalmente diferentes. Optar pola elección dun viño embotellado nun gran formato permítenos que todas as persoas a quen o vaia a ofrecer gocen dunha degustación uniforme, ademais de que estas botellas por si mesmas son espectaculares e resultan de interese para a clientela e/o convidados.
Este dispositivo pretende resolver a carencia de soportes adaptábeis a diferentes tamaños de botellas de gran formato para o servizo de viños no sector da restauración.
Resulta común a práctica enolóxica de criar os viños en envases de distintos materiais, pero sempre en volumes importantes, experimentando unha mellora global das súas características organolépticas e un aumento do tempo de garda.
Está demostrado que, a maior capacidade do viño envasado, este experimenta unha notable mellora das súas características organolépticas.
As adegas, con frecuencia, embotellan os seus mellores viños en formatos grandes, etiquetándoos á man, dándolle así un valor engadido ao produto en canto a exclusividade e garantía de calidade.
A máis capacidade, a evolución do viño é cada vez máis lenta, debido á relación osíxeno – viño, que a fai ideal para a crianza do viño, conseguindo así unha gran uniformidade e estabilización, e mesmo alongando a vida deste.
É unha evidencia a mellora evolutiva dos viños en envases de gran formato en relación con aqueles comercializados en pequenos formatos, pero é necesario dispoñer do soporte adecuado para o seu servizo debido ás súas dimensións e peso.
No sector da restauración destaca o seu interese na comercialización de viños en botellas de gran formato, tanto pola súa calidade obxectiva como polo atractivo comercial cara á súa clientela, principalmente na venda por copas e en eventos.
Este proxecto de prototipo pretende abordar unha necesidade de mercado, ata o de agora non cuberta, por non fabricarse nin en serie e con dificultade por encarga. Descoñécese a existencia no mercado de dispositivos que faciliten o servizo de viño envasado en botellas de vidro de grandes capacidades.
Con esta situación, unha gran cantidade dos envases dispoñibles, non son empregados na restauración, polas dificultades de manexo. Á parte das capacidades están os pesos dos diferentes envases e o seu contido, que fai aínda máis difícil o seu manexo, pois como exemplo, unha botella de 15 litros ao peso do viño (un 15 kg.) increméntase o envase dun 10 kg., sumando un total aproximado de 25 kg.
Queda claro que, para manexar tamaños grandes de botellas, é preciso dun sistema técnico que facilite o servizo dos viños, que permita servir en copas ou “decanters”.
Polo que, o obxectivo deste dispositivo é dotar aos sectores da restauración e de vitivinicultura dun elemento de presentación e servizo de viños, innovador, único e necesario para potenciar as vendas de viños en grandes envases de vidro, que fagan máis atractivo o produto e que contribúa a facilitar a promoción e proxección de negocio facilitando as vendas.
Así mesmo, no ámbito do sector vitivinícola, en concreto: adegas, feiras-exposicións de carácter alimentario, as administracións do sector, potencialmente supón un impacto promocional importante.
Este proxecto de prototipo pretende abordar unha necesidade de mercado, ata o de agora non cuberta, por non fabricarse nin en serie e con dificultade por encarga. Descoñécese a existencia no mercado de dispositivos que faciliten o servizo de viño envasado en botellas de vidro de grandes capacidades.
Con esta situación, unha gran cantidade dos envases dispoñibles, non son empregados na restauración, polas dificultades de manexo. Á parte das capacidades están os pesos dos diferentes envases e o seu contido, que fai aínda máis difícil o seu manexo, pois como exemplo, unha botella de 15 litros ao peso do viño (un 15 kg.) increméntase o envase dun 10 kg., sumando un total aproximado de 25 kg.
Queda claro que, para manexar tamaños grandes de botellas, é preciso dun sistema técnico que facilite o servizo dos viños, que permita servir en copas ou “decanters”.
Polo que, o obxectivo deste dispositivo é dotar aos sectores da restauración e de vitivinicultura dun elemento de presentación e servizo de viños, innovador, único e necesario para potenciar as vendas de viños en grandes envases de vidro, que fagan máis atractivo o produto e que contribúa a facilitar a promoción e proxección de negocio facilitando as vendas.
Referencia técnica da ferramenta deseñada
• Soporte basculante para o servizo de viños dende botellas de diferentes capacidades (de 3 a 30 litros), atendendo ás tendencias de mercado. Este soporte está baseado nunha columna vertical construída en aceiro inoxidable AISI 304 (aceiro recomendado para alimentación), cun grosor de 3 mm, de base cadrada de 120×120 mm, conta cun mecanismo interno de parafuso de precisión accionado cunha manivela externa. Este mecanismo interno vai á súa vez conectado cun pivote externo que aporta forza de xiro, para poder xirar as botellas a vontade. Estas van colocadas nun soporte adaptado á dimensión da botella, que se axusta con un “clic” ao pivote mencionado.
• Como apoio do soporte construíuse unha base en madeira maciza de carballo, que permite, co seu peso, fixar o soporte, ademais de complementar o conxunto.
Como soporte de base, para o desprazamento e facilidade no servizo en salas de restauración, deseñouse un carro de “sommelier”, coas seguintes especificacións:
• Carro de “sommelier”, fabricado en madeira de carballo vernizada, con medidas exteriores de 120x60x70 cm. E con estantes para material, gobeletes, decanters, copas, ..