Trala reunión mantida o pasado venres 22 de marzo, a Xunta Directiva da Asociación Hostelería Compostela acordou poñer en marcha un concurso para a xestión da prevención de riscos laborais e protección de datos da entidade.

Aquelas empresas especializadas en ditas materias que queiran optar ao concurso, deberán enviar as súas ofertas ao correo electrónico direccion@santiagohosteleria.org 

Ademais do orzamento e da experiencia demostrada, valorarase a inclusión de tarifas especiais para os socios e socias da Asociación.