Con motivo da celebración o 28 de xuño do Día Internacional do Orgullo LGTBI, a capital galega acolle dende hoxe Compostela Diversa, un programa que recolle unha serie de accións e actividades para facer de Santiago un referente como cidade de acollida, apostando por accións globais e inclusivas que axuden a avanzar na consecución dos dereitos, a visibilidade e a normalización da vida de todo o colectivo.
Deste xeito, un centenar de establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, entre eles moitos dos nosos asociados, súmanse cada ano á iniciativa de Compostela Diversa con mandís, carteis, postais, pousavasos, manteis individuais e banderins LGTBI.
• MAPOULA PR
• PENSION ALFONSO
• HOTEL SANTA CLARA
• O XARDÍN DE XULIA
• HOTEL PAZO DE ALTAMIRA
• HOTEL SAN LORENZO
• PENSIÓN “CASAS REAIS”
• HOTEL ALTAIR
• HOTEL COSTA VELLA
• HOTEL MOURE
• CARRILANA
• CAFÉ BAR BICOCA
• A LAREIRA
• RESTAURANTE CASA DOS XACOBES
• RESTAURANTE PETISCOS
• PUB TARASCA
• CAFE BAR MIRO
• BAR RAÍCES GALEGAS
• PUB LUCILLE
• CAFÉ ARENAL
• VIÑOTECA A QUE VINO
• PUB SÉCULO
• CAFETERÍA A ROSALEDA
• VIÑOTECA VENTOSELA
• VIÑOTECA A TIXOLA
• CAFETERÍA DJ
• CAFÉ DE ALTAMIRA
• RESTAURANTE O SENDEIRO
• RESTAURANTE MARTE
• RESTAURANTE O CADABAL
• CAFETERÍA LASSO (AUDITORIO DE GALICIA)
• KOA POKE SANTIAGO
• HOSTAL SUSO
• ORIXE
• HOTEL RÚA VILLAR
• CASA DAS CRECHAS
• MILONGAS COMPOSTELA
• TABERNA A FUEGO LENTO
• FLAMINGO
• A CURTIDORÍA
• PUB MOMO
• BLOOM
• BODEGUILLA DE SAN LÁZARO
• BODEGUILLA DE SANTA MARTA
• SÓNAR COMPOSTELA
• O BONECO
• A CASA DA VIÑA
• CAFÉ CASINO
• PIMPAN BAR
Ademais, para visibilizar os valores de Compostela Diversa, farase a iluminación/decoración de espazos públicos destacados e de alta concorrencia para os visitantes, tales como a propia oficina central de Turismo de Santiago, diversos puntos do parque da Alameda -Palco da Música, escultura das Marías -iconas elas mesmas da diversidade-, acceso desde Porta Faxeira e “Eucalipto dos Namorados”.
Finalmente, no Paseo dos Leóns da Alameda instalarase un Arco da vella de grandes dimensións para que tanto as persoas residentes en Santiago como as persoas que visitan a cidade estes días podan tomarse unha fotografía coas cores da diversidade coa vista do Centro histórico e da Catedral no fondo.
A iluminación estará visible ata o 2 de xullo, a partir do atardecer e ata a madrugada.
Esta iniciativa está impulsada polo Concello de Santiago, a través da Concellería de Igualdade e coa colaboración especial de Turismo de Santiago e o servizo municipal de Comercio, e conta co apoio da Deputación da Coruña.