Finalizado o prazo de inscrición en Santiago (é) Tapas, o concurso continúa adiante esta semana con sesións diarias no local da Asociación Hostelería Compostela, nas que os participantes deberán cociñar as súas propostas diante dun xurado que se encargará de revisar a receita e garantir a calidade das tapas presentadas a concurso.
Ademais, durante a sesión tamén se realizarán as correspondentes fotografías que se utilizarán na cartelería.
As primeiras sesións terán lugar o martes 16 e prolongaranse durante toda a semana.
Os rexistrados ao concurso poderán asistir de forma gratuíta a un curso de formación de Iniciación Barista, que se celebrará os días 29 e 30 de xaneiro, estando xa aberta a inscrición, organizado por Café Dromedario, un dos colaboradores deste ano.
Tamén poderán asistir a un taller de tiraje de cervexas e cata de viños, e entrar no sorteo dunha noite de hotel nun aloxamento Alda Hotels, e dunha entrada dobre ao Museo MEGA.