A Asociación Hostalería Compostela acaba de asinar un convenio con VegaStudio, un estudo especializado en fotografía gastronómica dirixido por Javier Lima, do que poderán beneficiarse todos os nosos asociados contratando os seus servizos a prezos especiais e con propostas especialmente pensadas para o noso sector.
Conscientes de que no mundo da hostalería, a fotografía gastronómica converteuse nun elemento crucial para destacar e captar a atención dos clientes na contorna dixital, Javier ofrece unha serie de servizos visuais de alta calidade deseñados especificamente para resaltar os produtos culinarios para webs, cartas de menús, redes sociais etc.
QUE É A FOTOGRAFÍA GASTRONÓMICA?
«A fotografía gastronómica é unha ferramenta fundamental para o éxito de calquera
restaurante, xa que unha boa imaxe pode atraer a novos
clientes e transmitir a calidade e o estilo do establecemento dunha maneira
efectiva que as palabras non sempre logra», explica Javier Lima, matizando que a fotografía
gastronómica non se limita a simples fotos de comida, xa que hai diversos tipos de imaxes que se poden utilizar para destacar diferentes aspectos do restaurante.
Entre os tipos de foto destacan a fotografía de alimentos, un dos piares da fotografía
gastronómica. «Trátase de capturar imaxes apetitosas e atractivas de pratos individuais é esencial para espertar o interese dos comensais e transmitir a excelencia da túa oferta culinaria», di Javier Lima, que traballa as técnicas necesarias para resaltar as cores, as texturas e os detalles de cada prato, creando imaxes que inviten a probar as creacións.
FOTO DE PRODUTO.
Lima explica tamén que «moitas veces os locais de hostalaría ofrecen produtos especiais, como cervexas de importación ou calquera outro artigo destacado, que requiren unha fotografía especializada para resaltar as súas características únicas e atractivas».
«Nós comprendemos a importancia de capturar a esencia de cada produto para xerar interese e
espertar o desexo dos clientes, e utilizamos técnicas avanzadas para destacar os detalles e as calidades dos produtos, porque sabemos que unha boa fotografía pode marcar a
diferenza entre captar a atención dun cliente ou perder o seu interese».
AMBIENTE. A fotografía de estilo de vida é outra forma efectiva de transmitir a experiencia que ofrecen os establecementos gastronómicos. Con imaxes coidadosamente seleccionadas do ambiente e da decoración do local, pódense crear unha conexión emocional cos clientes potenciais.
Ademais da fotografía de alimentos e do ambiente, Javier Lima tamén ofrece servizos de retrato corporativo para destacar ao equipo humano detrás dos negocios. «Cremos que mostrar as caras detrás da cociña e o servizo pode xerar confianza e conexión cos clientes», exolica o fotógrafo, cuxo obxetivo e capturar a esencia dos equipos trasmitindo a paixón e o profesionalismo que dedican ao seu traballo, con retratos corporativos de alta calidade para fortalecer a imaxe da marca.
https://vegastudio.photos/