A Asociación Hostalaría Compostela lamenta o peche da oficina do BBVA da Rúa do Vilar, que se suma a outras entidades bancarias que xa abandonaron anteriormente o Casco Histórico de Santiago, deixando cun servizo demasiado reducido tanto aos locais de hostalaría da zona coma á súa clientela, ademais de aos veciños e veciñas.

Tanto nas rúas do Vilar como Nova, e na Raíña e no Franco, existen unha gran cantidade de negocios, non só do sector hostaleiro, senón tamén do comercio, que precisan dun servizo bancario cercano para poder atender as súas necesidades.

Desde Hostalaría Compostela agardamos que se leven a cabo as xestións necesarias para que se repoñan o antes posible estes servizos fundamentais para o desenvolvemento do labor dos seus locais asociados.