A Asociación Hostalaría Compostela recibiu onte na súa sede da rúa Salvadas a unha delegación da Asociación de Empresarios de Riveira, encabezada polo seu presidente Francisco Martínez, e dous dos membros da súa sección de hostalaría e restauración, Lorenzo Novo e Antonio Alján.
Ambas entidades iniciaron nesta primeira xuntanza un proceso de colaboración co obxectivo de establecer sinerxias que permitan seguir defendendo os intereses do sector nestes momentos de grave crise económica pola pandemia da Covid-19.
Ademais dos problemas comúns que afectan ao conxunto da hostalaría galega, os representantes destas dúas asociacións abordaron a extrema situación que vive os hostaleiros de Ribeira, actualmente en nivel máxima de alerta. Co peche perimetral, a prohibición de servir no interior e tendo que rematar o servizo ás 17:00 horas, as dúas entidades consideran que se trata dun peche encuberto que debería ir acompañado necesariamente por unha indemnización por parte do Goberno galego que garanta a supervivencia dos negocios.
As dúas asociacións denuncian o prexuízo que causa a alta dependencia á estacionalidade de verán e nadal que ten a hostalaría nesta comarca; e o que causan os peches inmediatos, por exemplo, cos acopios de mercadoría que quedan sen saída.
Tamén lamentan a escaseza tanto no plan aprobado onte polo Consello de Ministros -sen axudas directas, paralización de impostos ou a ampliación dos ERTES ata o verán, e cunha rebaixa nos alugueiro sen aplicación en Galicia- como nas axudas da Xunta de Galicia, que deixaron fóra a moitos locais debido á súa letra pequena e que, meses despois da súa aprobación, aínda non se abonaron a aqueles que si cumprían cos requisitos.