As tres asociacións de hostalaría de Compostela emitiron un comunicado sobre a reunión que mantiveron co Concello de Santiago, á que califican de tensa.

En primeiro lugar queremos agradecer a presenza da alcaldesa, Goretti Sanmartín, quen acompañada de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo, teña accedido á urxente solicitude cursada pola Asociación Hosteleria Compostela, Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, e Hostalaria.gal.

Avaliamola como unha necesaria toma de contacto para sentar as bases para pór solucción ás verdadeiras demandas e reptos da hostalaria da capital da Galiza.

As tres asociaciones convocaremos unha asemblea informativa aberta a todo o sector para expor o contido da documentación remitida posteriormente polo Departamento de Urbanismo.

Encontramos receptividade na primeira autoridade da cidade, e informamos que mutuamente acordamos configurar unha Mesa Sectorial entre as asociacións que representamos o conxunto do sector e o Goberno Municipal, para abordar os criterios restrictivos á hora de interpretar as normas e lexislación vixente por parte do Departamento de Urbanismo.

Agardamos que esta Mesa Sectorial marque unha reunión antes de finalizar o mes de novembro.

DENDE O CONCELLO. O Comunicado se publica despóis de que a alcaldesa e o concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, xunto con persoal técnico, mantiveran unha xuntanza con representantes de Hostelería Compostela, Hostalaría.gal e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas para explicar o contido do plan destinado a verificar as medidas de seguranza nos locais, para atender a preocupación que manifesta publicamente o sector hostaleiro. O Concello estudará a proposta presentada polas asociacións para pór en marcha unha Mesa sectorial de hostalaría.

Este plan que vai poñer en marcha o Concello, para o que quere contar coa colaboración das asociacións que agrupan os establecementos, fundamentalmente de hostalaría, pretende garantir a seguridade das persoas usuarias dos locais.

O sector da hostalaría é unha peza destacada no aspecto socioeconómico de Santiago de Compostela, con recoñecemento pola súa calidade e a cantidade de locais existentes. Ante a inquedanza social sobre as medidas de seguranza e de prevención de incendios, o Concello de Santiago pon en marcha este plan que pretende verificar a súa adecuación ás medidas de seguridade, en caso de que haxa carencias, achegándolles, antes de nada, información precisa sobre cales deben ser.

O Concello elaborou unha instrución que guiará as inspeccións para que todas as partes teñan claros os obxectivos, que se dará a coñecer ás entidades asociativas do sector. Vaise comprobar o funcionamento dos percorridos de evacuación, a sinalización e iluminación de emerxencia e a seguridade contra incendios, fundamentalmente, sempre tendo en conta as condicións que se autorizaron para cada establecemento.

Para isto, traballarase para achegarlles toda a información aos sectores atinxidos para que a teñan en conta á hora de desenvolver as súas actividades e, polo tanto, poidan identificar se os seus locais teñen deficiencias e actúen para corrixilas sen necesidade de requirimentos.

Con este obxectivo preténdese minguar a alarma social e ofrecerlles as mellores condicións ás persoas usuarias dos locais, ademais de favorecer a actividade do sector hostaleiro.