O Concello de Santiago modificará esta semana os horarios de recollida de lixo con motivo das procesións de Sermana Santa, e que afectará directamente aos hostaleiros/as e comerciantes da cidade histórica.
O primeiro día será este mesmo venres 22 de marzo, día na que a recollida porta a porta da fracción papel/cartón realizarase a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón antes das 00.00 horas, mesmo horario e prohibicións que ao día seguinte, sábado 23.

Domingo 24 de marzo
Adiántase a recollida porta a porta de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 h da mañá.

Luns 25 de marzo
A recollida porta a porta das fraccións resto e orgánica realizarase a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes das 00.30. A recollida porta a porta da fracción papel e cartón realizarase a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón antes das 00.30 h.

Martes 26 de marzo
A recollida porta a porta das fraccións resto e orgánica realizarase a partir das 2.00 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes da 1.45 h. A recollida porta a porta da fracción papel e cartón realizarase a partir da 2.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón antes da 1.45 h.

Xoves Santo 28 de marzo
A recollida porta a porta das fraccións resto e orgánica realizarase a partir das 2.30 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes das 2.00 h. A recollida porta a porta da fracción papel e cartón realizarase a partir das 2.30 h. Prohíbese sacar o papel/cartón á rúa antes das 2.00 h.

Venres Santo 29 de marzo
Adiántase a recollida porta a porta de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 da mañá. A recollida porta a porta das fraccións resto e orgánica realizarase a partir das 2.00 h. Prohíbese sacar os colectores de resto e orgánica á rúa antes da 1.45 h. A recollida porta a porta da fracción papel e cartón realizarase a partir das 2.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón á rúa antes da 1.45 h.

Sábado 30 de marzo
Recollida porta a porta da fracción papel e cartón a partir da 1.00 h. Prohíbese sacar o papel/cartón á rúa antes das 00.00 horas.

Domingo 31 de marzo

Adiántase a recollida porta a porta de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 da mañá.

Domingo 7 de abril

Adiántase a recollida porta a porta de envases lixeiros, que se fará de 7.30 a 9.30 horas. É obrigatorio recoller o colector para o interior do local antes das 10.00 da mañá. O resto da recollida porta a porta para as diferentes fraccións de residuos da hostalaría e locais comerciais farase no seu horario habitual.

Illas de quita e pon
A illa de quita e pon da praza da praza das Praterías non se instalará dende o venres 22 de marzo ata o sábado 30 de marzo, ambos inclusive, polo que a veciñanza deberá acudir á illa de reciclaxe máis próxima aos seus domicilios para depositar os seus residuos de forma separada. Porén, instalaranse colectores en superficie nas proximidades, no horario en que habitualmente se coloca a dita illa, pero soamente para a fracción resto (residuos mesturados).
As demais illas de quita e pon colocaranse nas súas localizacións habituais.