Estrella Galicia e Ponte da Boga, patrocinadores desta edición de Santiago (é) Tapas, organizan dúas accións formativas para o mes de febreiro, para as que terán preferencia de inscrición os participantes no concurso.
Así, Estrella Galicia ofrecerá unha formación sobre Cultura de Cervexa, impartida por Carlos Ávila, mentres que Ponte da Boga dará a coñecer os seus mencías.
Ponte da Boga
“Viaxe polos mencias de Ponte dá Boga”
Descobre da man Rubén Pérez, enólogo de Ponte da Boga, os matices da uva reina da Ribeira Sacra.
Catas:
P. Mencia 22
Lousas e Xistos 21. Mencia con 4 meses de barrica
Bancales Esquecidos 20. Mencia con 10 meses de barrica
Formador: Rubén Perez – Enólogo e director técnico de Ponte da Boga:
Día 5 de febreiro, ás 10.30 horas
Duración: 1:30 h.
A maridaxe con cervexas
Clase práctica e teórica na que se catarán exemplos sinxelos de harmonías con cervexas de Estrella Galicia. A pesar de que pensamos que a maridaxe con cervexas está en desuso, a cana e a tapa ou o aperitivo e a cervexa son parellas inseparables na gran maioría dos establecementos de hostalería. Coñecer a técnica da maridaxe con cervexas pode axudar a subir o ticket medio da nosa hostalería.
Cata: Farase unha cata de cervexas.
Formador: Carlos Ávila – Técnico de Cultura de Cervexa
Día 5 de febreiro. 12.15 horas
Duración: 1:30 h.
Prazo de inscrición ata o 29 de xaneiro.